23 marzo, 2018

.

Un novo comezo, a pista esta libre e ti esta vez non queres abrochar o cinturón para despegar.
Unha pista de páxinas brancas diante túa. Emoción. Ganas. Artrósis nos dedos que esqueceron como se escribían todos aqueles versos que algunha vez, pasaron pola túa cabeza.

Prometéraste non volver a escribirlle, a escribirlles. Prometérase non volver a mirar atrás. E neste momento cando solo o futuro é incerto, toca mirar atrás con orgullo. Porque todo aquilo que creera perder xa non significaba nada. Só importaba este exacto momento onte todo bascularía.

Coller carrerilla para saltar con máis forza que nunca, e esperar que todo o que vén sexa aínda mellor. E non pararse a pensar nos sinsentidos, só fluír de liña en liña da vida, da man do que máis nos importa.

Toca recommencer. Toca coller impulso.


E que sexa unha vez máis o que teña que ser.

E que veña quen queira vir.

E felicidade para o que marche. E amor para o que se quede.

No hay comentarios: